PLAZAS AGOTADAS
MASTERCLASS
CONXUNTO DE VENTO METAL
con Juan Lois Diéguez
Trompetista da Banda Municipal de Santiago de Compostela
Día:
Luns 30 de marzo,
martes 31 de marzo e mércores 1 de abril
Lugar
Palco da Música
Fin
01/04/2026
curso - masterclass
CONXUNTO DE VENTO METAL
Será unha experiencia musical intensiva pensada para todo o alumnado das distintas especialidades: trompeta, trompa, trombón, bombardino e tuba. Xuntos formarán un gran conxunto intrumental, compartindo tres días de traballo, aprendizaxe e convivencia arredor da música.
As clases estarán divididas por niveis formando dous grandes grupos:
Conxunto Xuvenil
(alumnado con nivel de Grao Profesional)
Conxunto Infantil
(alumnado con nivel de Inicio ou Grao Elemental)
Ademáis de reforzar os aspectos técnicos e interpretativos propios de cada instrumento esta experiencia traballará con repertorio específico para estas formacións fomentando tódolos beneficios de tocar en grupo así como os valores que acompañan esta práctica: compañeirismo, respecto, escoita activa, responsabilidade, etc….
PROFESOR
Juan Lois
TROMPETA BANDA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Juan Lois Diéguez nace en Agolada (Pontevedra), no ano 1980. Comeza os seus estudos musicais co seu pai a idade de 10 anos. Estudou nos Conservatorios de Lalín, Santiago de Compostela e Vigo. Foi membro de diversas Bandas populares Banda de Agolada, Banda de Lalín, Silleda. Ós 15 anos ingresa na Banda Municipal de Lugo. Asi mesmo colabora con infinidade de agrupacións como: Colectivo Harmonia, Banda Sinfónica de Galicia …
No ano 2002 obtén praza na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia.Formou parte da Orquesta de Cámara de Lalín e Orquesta de Práctica Orquestal da Sinfónica de Galicia…
No ámbito da música de cámara ten realizado concertos con diferentes formacións entre as que cabe destacar o quinteto de metais da Real Filharmonía de Galicia “BRASSMANIA” entre outros…
Entre os anos 96 a 2002 foi subdirector da Banda de Música Municipal de Silleda e director da Escola de Música Municipal de Silleda…
No ámbito da composición conta no seu haber con diferentes pezas populares, así como obras para Banda Sinfónica…
Dirixe como convidado, importantes bandas da xeografía galega…
En 2010 foi seleccionado como Director Asistente da Banda Municipal de Barcelona, e dende 2004 é Profesor instrumentista da Banda Municipal de Santiago de Compostela.
Horarios
Luns 30, martes 31 e mércores 1
Conxunto Xuvenil de 10:00 a 14:00 (con descansos)
Conxunto Infantil de 16:00 a 20:00 (con descansos)
Concerto mércores 1 ás 20:00 h no Palco da Música
Presentación de la masterclass.
Palco da Música
Comidas
Parrillada O Compadre en Dena
Menú 12€
O alumnado terá que anotarse para as comidas, antes das 11:00h de cada día.
PREZO
PAGO MATRÍCULA
Alumnos/as
Socios da BUMMAlumnos/as
non Socios da BUMMEntregar o diñeiro xunto coa inscripción a Juan Portela
O prazo de inscrición remata o día 24 de Marzo de 2026
INFORMACIÓN
contacto
Juan Portela Varela
WhatsApp
646 435 784
Cubrir o seguinte boletín de inscrición, e entrégalo o director da EMMM Juan Portela Varela antes do 24 de Marzo de 2026.
Info - WhatsApp 646 435 784